Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Celtic Flamenc, un novo traballo musical xestado na emigración

David Carril Castiñeira, María Gómez Martín e Demi García Sabat forman Celtic Flamenc
David Carril Castiñeira, María Gómez Martín e Demi García Sabat forman Celtic Flamenc
Celtic Flamenc, un novo traballo musical xestado na emigración

As fusións na diáspora cada vez son máis frecuentes e máis internacionais.

Demi García Sabat, María Gómez Martín e David Carril Castiñeiras son un grupo de amigos aos cales uniu a paixón pola música e a búsqueda dunha nova oportunidade laboral na capital británica.

O flamenco, as bulerías, os fandangos e a gaita de tres buracos de Huelva, o meticuloso coidado dos detalles percusionistas de Barcelona e os envolventes e enxebres sons da gaita galega, xestaron un alegre e divertido traballo musical como é Celtic Flamenc. Un proxecto que, segundo explicou o camariñán David Carril Castiñeiras a Alejandra Plaza, está tendo unha gran aceptación na cidade multicultural londinense e esperan promocionalo adecuadamente para abrirlle as portas tamén en España.

En tales intres atópanse, entre outras propostas, versionando o tema de Camariñas por bulerías. Un traballo onde a fusión das tradicións folclóricas musicais dará moito que falar.

Novas relacionadas

comentarios