Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Veciños de Camariñas protestan pola ubicación do novo depósito de residuos industriais

Veciños de Camariñas protestan pola ubicación do novo depósito de residuos industriais
Varios veciños rexeitan a ubicación do Depósito de Residuos en Camariñas

Moitos son os veciños afectados que están preocupados. E o están porque un depósito de residuos de 170 m2 diante das sñuas casas, é o suficientemente importante como para que se lles informara. Nesa liña, varios veciños se puxeron en contacto con nós para amosar a súa preocupación pola ubicación e pola falta de información e escurantismo coa que se está levando o proceso.
De feito, presentáronse moi poucas alegacións, só dos veciños que se enteiraron, sobre todo do arredor da obra, e por iso piden que haia máis información aos veciños, ademais dunha "ubicación máis humana".

I é que o Concello de Camariñas xa solicitou unha Licencia de obra autonómica en solo rústico para montar Depósito de homoxeinización de vertidos industriais, de 170 m2, e 800 m3 de capacidade. "Un depósito de merda, como di algún veciño, a 40 metros dunha panadería, e a apenas de 150m da praia urbana de Area da Vila, un dos mellores criadeiros de vivalvos da zona", comenta un dos afectados.

Segundo apuntan os veciños, a petición pode chegar tralo expediente sancionador que lle abriron á empresa Cerdeimar por ter feito un vertido de graxas ao mar. Pero matiza que "ninguén en Camariñas quere que Cerdeimar marche de aquí, nin moito menos. Só queremos que non sexa contaminante, e mesmo pensamos que habería que favorecela con axudas públicas" para adecuar as súa actividades á lexislación medioambiental.

Un dos veciños destaca ademais que se ben a licencia de obra foi solicitada para ser realizada en solo rústico, o novo PXOM xa ten recalificada a parcela como solo industrial, o que demostra a longa intención do Concello por levala a cabo nese punto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios