Venres. 20.09.2019
El tiempo

O Club Náutico de Camariñas abre as portas para gozar do mar

O Club Náutico de Camariñas abre as portas para gozar do mar
O Club Náutico de Camariñas abre as portas para gozar do mar

Este sábado e domingo, 14 e 15 de setembro, terá lugar nas instalacións do Club Náutico de Camariñas a Xornada de Portas Abertas “Goza do Mar”. Os responsables da empresa Ubunto Life Loreto Núñez e Gabriel González, que artella as actividades en colaboración tanto co Club Náutico como co Concello de Camariñas, dará conta do programa 2019-2020.

As familias poderán probar o material (o club acaba de recibir unha axuda de 5.000€ para novos materiais)e preguntar polos horarios, dun curso que convertirá á Ría de Camariñas nun dos epicentro da Náutica na Costa da Morte.

As portas estarán aberats de 10,00 h. ata ás 14,00 h. e dende ás 16,00 h. ata ás 20,00 h.

Comentarios