Luns. 29.04.2024
El tiempo

O colectivo PX recibe o arquivo fotográfico de Pocholo Santa Cruz

Imaxe do arquivo de Pocholo Santa Curz
O colectivo PX recibe o arquivo fotográfico de Pocholo Santa Cruz

Ten novo material para investigar na nosa memoria, na nosa historia, Rafael Lema. O coordinador do Colectivo PX da Ponte do Porto, explica que veñen de recibir un importante conxunto de imaxes da historia marítima coruñesa do século pasado, o arquivo fotográfico de José Luís Santa Cruz Rojo. O fotógrafo, coñecido como Pocholo Santa Cruz, falecido en 2015, era o herdeiro dunha coñecida familia herculina dedicada ao rescate, e desguace de barcos.

Son unhas 200 fotos e algúns documentos que resumen a vida da empresa dos herdeiros de José Santa Cruz, fundada en 1920, doada polo sobriño de Pocholo Santa Cruz, Carlos San Claudio Santa Cruz. Empresa que durante gran parte do século anterior tivo unha base en Camelle, de aí a vinculación coa comarca.

Agora a entidade local está a catalogar o arquivo en colaboración coa delegación provincial da Real Liga Naval Española. Tras este proceso propoñen a publicación das imaxes. Son numerosos os barcos históricos nos que traballou a compañía, nas costas españolas e portuguesas pero tamén en Francia, Canarias e o Caribe. Algúns dos seus últimos traballos tiveron que ver co mar Exeo ou co Casón.

Deste xeito, o arquivo pasa a formar parte doutros tres legados de imaxes e documentos recibidos pola entidade porteña desde 2020 e que se conservan na súa sede da Praza do Outeiro.

Comentarios