Martes. 23.04.2024
El tiempo

O comercio de Camariñas ábrese á venda online

PlataformaVendaEnLiña (2) (1) (1)
O comercio de Camariñas ábrese á venda online

O Concello de Camariñas comezou onte a crear as webs de venda por internet das empresas de Camariñas a través da plataforma DBARRIO. Todas aquelas empresas interesadas en participar nesta iniciativa, poden anotarse nun formulario dispoñible na web do Concello. Ademais, tanto o Concello como a Deputación da Coruña teñen previsto publicar unha subvención cofinanciada por ambos para axudar a cubrir os seus custos, que van dende os 50 euros máis IVE.

A plataforma DBARRIO creará unha web con TPV virtual de pago, ofrecerá asesoramento personalizado, xestionará o reparto e promocionará ás empresas implicadas nas redes sociais. Por outra banda, para os locais de hostalería, ofreceráselles un código QR para descargar no móbil a carta do establecemento.

Comentarios