Comeza os traballos de reurbanización de varias rúas na Ponte do Porto

10:07 09/06/20
As rúas Río do Cura e Sixto “son unhas vía moi transitadas e necesitaban dun amaño a conciencia xa que, debido ao paso dos anos, se atopaba en mal estado”. Así explica a alcaldesa Sandra insua a necesidade de afrontar as obras de reurbanización nestas rúas da Ponte do Porto.
O proxecto para a reurbanización destas rúas implica a demolición do firme actual, a substitución da rede de saneamento, a instalación dunha nova rede de recollida e evacuación de pluviais e, por último, a pavimentación total das vías.
A actuación conta cun orzamento de 96.728,3 euros e os traballos comezarán nos próximos días.