Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Concello de Camariñas lembra a prohibición de facer barbacoas no merendeiro de Ariño

Zona recreativa na praia de Arino-Camarinas
Zona recreativa na praia de Ariño
O Concello de Camariñas lembra a prohibición de facer barbacoas no merendeiro de Ariño
O Concello de Camariñas alerta do perigo de facer barbacoas no merendeiro de Ariño

A zona recreativa de Ariño é unha das mellor preparadas da bisbarra para facer de domingueiros. Pero temos que ter responsabilidade, porque o risco de incendio nesta temporada de verán é altísimo. Por iso, o Concello de Camariñas quere alertar á veciñanza do perigo de facer barbacoas no merendeiro de Ariño, e asegura que, aplicando a Lei 3/2007 do 9 de abril, de provención e defensa contra os incendios forestais, non permitirá a realización de lumes para barbacoas ou churrascadas.

O Concello pode autorizar lume só cunha excepción: o que se faga para ocio ou preparación de alimentos dentro das festas locais ou de arraigada tradición popular.

Por exemplo, este xoves 25 de xullo si que estará permitida sardiñada na Festa da Praia de Ariño, posto que se trata dunha festa local de arraigada tradición popular que se celebra no merendeiro de O Ariño.

En todo caso, e ollando cara o futuro, o Concello está a promover un proxecto para contar con zona de grellas autorizadas pola Xunta para o merendeiro do Ariño, que espera poda estar realizada neste ano 2019. Mentres tanto, lembran a prohibición de non facer lume.

Comentarios