venres. 03.04.2026
El tiempo

Carnota ponse de Solpor por Semana Santa coa Mostra Víndemo Ver

Mostra Vindemo Ver Carnota 2025-Tradicion Maria LixoAtelier
Unha escena do Víndemo Ver do ano pasado
Carnota ponse de Solpor por Semana Santa coa Mostra Víndemo Ver

Do xoves 2 ao domingo 5 de abril, a praza de San Gregorio transformarase nun espazo histórico no maco da XIII edición da Mostra Víndemo Ver de Carnota. O Mercado da Deputación ofrecerá unha marea de produtos da horta, propostas ecolóxicas e artigos de proximidade, que maridan á perfección cos postos de artesáns e artesás da comarca, para ofrecer unha oferta diversa que busca poñer en valor o talento local.

A praza contará tamén con áreas de comida e bebida ao aire libre, pensadas para gozar dun ambiente festivo durante toda a xornada.

A feira dará comezo o xoves 2 de abril, ás 17:00 h, co acto de inauguración e presentación do espectáculo audiovisual inmersivo “Os nosos ceos: Costa da Morte”, con Antonio Nodar e Frank Bushman.

Haberá, ademais, innumerables actividades lúdicas para a rapazada, como xogos tradicionais, obradoiros de cerámica e cestería, etc. Tamén haberá actuacións culturais e música tradicional para amenizar o ambiente, a cargo da Banda de Gaitas Longarela, da Charanga Santa Compaña e da Agrupación Folclórica Ximiela.

E para amenizar as noites a programación inclúe os seguintes concertos: O xoves 2, ás 22:00 h, contaremos ca presenza xa habitual de Chiña e posteriormente karaoke. O venres 3 ás 22:00 h, serán os concertos de Los Lunes al Sol con versións dos anos 80 e 90 á actualidade e o dúo musical The Balayos. A última noite de concertos será o sábado 4 de abril, con Tian GZ, Xian Pais e Ortiga.

 

Deporte e natureza

O venres 3 de abril será a proba BTT, con saída ás 09:30 h dende o pavillón de Carnota. Paralela a BTT, terá lugar unha xincana infantil de bicicletas para a rapazada que queira seguir os pasos dos grandes ciclistas dende ás 10:30h. Para o sábado 4 programación inclúe unha andaina temática que este ano é “Andaina do Solpor”, cun percorrido lineal de arredor de 12 km. Citas para as que xa está o prazo de inscrición pechado.

 

 

Crónicas das edicións anteriores

 

Comentarios