Luns. 06.05.2024
El tiempo

A recén creada Asociación de Comercio de Camariñas coidará a plataforma de venda online "MerCamariñas"

  • As tendas de Encaixe únense á plataforma.
  •  
Camariñas Comerciantes
A recén creada Asociación de Comercio de Camariñas coidará a plataforma de venda online "MerCamariñas"

Bo paso adiante do empresariado camariñá coa cfreación da Asociación de Comerciantes de Camariñas. A entidade será a encargada do desenvolvemento e mantemento da plataforma ‘MerCamariñas’, unha central de venta en liña para os establecementos do municipio e á que se incorpora unha peza que pode ser base fundamental para o seu éxito, as tendas de Encaixe.

O Concello leva coidando un par de anos esta plataforma. Agora estivo formando aos responsables de cada establecimento con sesións prácticas de fotografía de produto de calidade mediante smartphone, edición fotográfica fácil, xestión da tenda virtual, posicionamento como escribir para que Google coloque á tenda nos resultados de busca ou para estimular ao cliente a comprar e, ademais, tamén se asesorou aos comerciantes no ámbito das redes sociais.
Agora a Asociación de Comercio de Camariñas dá un paso á fronte para mantela viva, permitindo que os establecimentos pequenos tamén teñan a súa fiestra ao mundo.

Comentarios