Convocan unha Xunta Local de Seguridade en Vimianzo para analizar a serie de roubos
É unha problemática que vai moito máis alá do eido local. Pero por Vimianzo parecen convencidos para loitar contra a serie de roubos. Hai unha semana Hosteleiros e comerciantes concentrábanse ás portas do Concello para manifestas o seu rexeitamento, e desta volta é o propio Concello o que vén de convocar unha Xunta Local de Seguridade con carácter extraordinario para tratar o asunto e intentar paliar a alarma social entre a veciñanza.
Propoñen acordar un plan específico de colaboración e coordinación a desenvolver no municipio con motivo dos últimos roubos, co obxecto de previr futuros roubos e garantir a seguridade cidadá. Nese plan participará tamén a Subdelegación do Goberno (Estado e Garda Civil non contestaron e a Xunta non fai propostas), que propón analizar a evolución da criminalidade no Concello, e os estudar os posibles mecanismos de coordinación e cooperación entre os distintos Corpos de Seguridade que exercen funcións e competencias no ámbito territorial do Concello.
Así este vindeiro 3 de xaneiro, ás 13:30h, si que particiarán os alcaldes de Camariñas, Muxía e Zas, así como aos funcionarios dos respectivos corpos da Policía Local que eles consideren conveniente que os acompañen. Entre todos crearán un “Plan específico de colaboración e coordinación a desenvolver no municipio con motivo dos últimos roubos, co obxecto de previr futuros roubos e garantir a seguridade cidadá”.
Novas relacionadas- 23-12-16: Hosteleiros e comerciantes de Vimianzo piden máis vixianza ante a vaga de roubos.
- Máis alá do delito
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo