As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
          
    07:15 17/03/16 
            
 Un nutrido grupo de "criaturas caóticas" visitaron a praia de Ariño onde se reuniron con escolares do CEIP O Areal. Imaxe: Mar de Fábula Dun xeito lúdico e didáctico á vez, os nenos e nenas do do CEIP O Areal de Camariñas tiveron a oportunidade de enfrontarse cun dos grandes problemas ambientais: o lixo que invade os oceános. Todos grazas a unha divertida iniciativa da asociación Mar de Fábula - tan preocupada polos miles de bastonciños que van parar ao mar -. Os actores principis destas xornadas de conservación de natureza celebradas o pasado martes na praia de Ariño foron un nutrido grupo "criaturas caóticas" que sairondo mar para establecer un animado diálogo cos alumnos e alumnas e respondéndolle así todas as súas dúbidas. De onde viñan, como naceron, que comían, que preferían mar ou terra, por que predominaban as arañas dentro do grupo,... éstas e outras moitas foron as preguntas ás que se tiveron que enfrontar as "criaturas caóticas". Incluso algunhas delas deixáronse coller polos máis pequenos. 
 A asociación Mar de Fábula organizou esta xornada de conservación da natureza De forma simbólica, unha vez rematada a súa sesión de preguntas as "criaturas caóticas" nacidas do lixo que hai no mar regresaron ao fondo do mar.
Novas relacionadas
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
 - Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
 - O impacto ambiental dos bastóns de algodón
 - Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
 - Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
 - Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
 - Unha fábula moi ecolóxica.
 - A Costa móllase polas súas praias.
 - A veciñanza salva os areais.
 - Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
 - Plásticos que invanden areais.
 - Loitando contra a invasión do plástico.
 - Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 - Mar de Fábula