Detidas varias persoas de Camariñas e Carballo no marco dunha operación internacional contra estafas telemáticas
No marco da “Operación Duplicidad”, a Garda Civil detivo 14 persoas en diferentes cidades da provincia, entre as que se atopan varias persoas de Camariñas e Carballo. Trátase dunha operación internacional desenvolta polo Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña, en colaboración co Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil de Carballo, que ten vinculación cunha organización criminal do Brasil, que provocou a imputación desas 14 persoas como presuntos autores de varios delitos de estafa agravada, varios delitos de falsedad documental e un delito de pertenencia a grupo criminal.
As estafas realizábanse mediante o método “SIM SWAPPING” , chegando a un total de 140.000€ enganando xentes de Coruña, León, Barcelona, Onda (Castellón), Mellilla, Arganda do Rey (Madrid), Orotava (Sta Cruz de Tenerife), Córdoba e Almería.
O “modus operandi”
A operación xa arrincaba en febreiro ante avalancha de denuncias semellantes, que permitiron debullar o “modus operandi” dos delincuentes telemáticos. Conseguían obter as claves da banca electrónica das vítimas mediante “phishing”, “malware” ou “pharming”, tras o cal duplicaban as súas tarxetas telefónicas derivando ás novas tarxetas as mensaxes e códigos de verificación das transferencias enviadas polas entidades financeiras. Unha vez obtidas as claves e duplicadas as tarxetas, realizaban transferencias desde a conta da vítima a outras de terceiras persoas que actuaban de “muleros” para a organización, solicitando nalgún dos casos préstamos á entidade bancaria desde a conta do prexudicado para obter un maior beneficio económico.
Unha vez avanzada a operación, a Garda Civil solicitou da Autoridade Xudicial unha Orde de entrada e rexistro en tres vivendas de Camariñas, Oleiros e Culleredo, achando no transcurso dos mesmos un total de 6.500 euros en efectivo, parte dos cales era moeda falsificada, tres pistolas detonadoras, tarxetas bancarias, tarxetas SIM de distintas operadoras, 7 teléfonos, 2 ordenadores e abundante documentación dun dispositivo de electrónico dun dispositivo impresor de tarxetas plásticas co que falsificaban os DNI dos prexudicados.
Os detidos, que xa están a disposición do Xulgado de Carballo, proceden das localidades Oleiros, Culleredo, Camariñas, Carballo e Boiro.