Venres. 07.05.2021
El tiempo

Dous investigados por un posible delito de cíberacoso en Muxía

ciberacosos garda civil
Dous investigados por un posible delito de cíberacoso en Muxía

Saltaban todas as alarmas por Muxía hai unhas semanas cando unha muller acodía a Garda Civil para denunciar un posible intento de secuestro. Segundo relata a Garda Civil, a muller muxiá coñecera un home a través dun xogo en liña dunha coñecida rede social de internet. Transcorrido certo tempo, o agora investigado intentou iniciar unha relación sentimental. Ela negouse e a partir de aí comezou o seu calvario, sendo sometida a partir dese momento a un acoso constante por parte do interesado.

A vítima intento cortar toda relación con esta persoa para evitar a situación, momento no que o suposto acosador incrementou as chamadas e mensaxes, acudíndose nalgunha ocasión nas proximidades da vivenda da vítima para amedrentala. Ante as reiteradas negativas para o iniciou de ningún tipo de relación, entrou en escena o segundo dos investigados, chegando a ameazar á vítima con danos á integridade dos seus fillos no caso de que se fixese público o acoso ao que estaba sendo sometida.

Despois de facer unha completa investigación a Equipo Roca da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración co Posto da Garda Civil de Muxía procedeu a deter aos supostos acosadores, que están sendo investigados por un delito de acoso e outro de ameazas.

Consellos para evitar o ciberacoso

A Garda Civil comparte esta lista de precaucións:

  • 1.- Manter os perfís das redes sociais en modo privado.
  • 2.- Utilizar contraseñas cun alto nivel de seguridade.
  • 3.- Informarse achega das políticas de uso que publica cada plataforma dixital.
  • 4.- Aproveitar a función de bloqueo.
  • 5.- Asegurarse de ter un bo antivirus.
  • 6.- Utilizar un modelo de cámara con luz piloto, que sinala claramente cando está gravando.
  • 7.- Ter precaución ao compartir información persoal en Internet.
  • 8.- Non responder a provocaciones dun posible acosador.
  • 9.- Compartir as inquietudes con amigos, pais ou ata terceiros.
  • 10.- Gardar todo o que se considere unha posible proba de ciberacoso.

comentarios