Detidos tres individuos como supostos autores de 8 roubos en bares e domicilios da comarca de Soneira
08:02 23/12/13
Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron o pasado xoves a tres individuos como supostos autores de oito roubos cometidos en bares e vivendas das localidades coruñesas de Zas, Camariñas e Vimianzo. As idades de os detidos oscilan entre os 52 e os 20 anos e son veciños da comarca de Bergantiños.
Durante o transcurso do operativo policial os gardas realizaron diversos rexistros domiciliarios nos que lograron intervir varios obxectos supuestamente subtraídos. Os responsables da investigación manteñen o operativo aberto e non se descartan novas detencións relacionadas con estes feitos.
As dilixencias e os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Carballo.
Novas relacionadas
- 10-12-13: 150 quilos de percebe incautados en Malpica.
- 29-11-13: Detido por intentar roubar na Igrexa de Cesullas.
- 27-11-13: Detido por subtraer 300 quilos de cable telefónico.
Fonte
- GC.