Martes. 19.03.2024
El tiempo

Día de folga e manifestación por Ferroatlántica

Día de folga e manifestación por Ferroatlántica
Piquete informativo en Ferroatlantica Piquete informativo dos sindicatos ás portas de Ferroatlántica

Piquete informativo ás portas da fábrica de Brens. Aparcamentos baleiros. Así transcorre este 10 de marzo de 2017, día de folga, e de manifestación pola non vendas das centrais hidroeléctricas e a non segregación das actividades de produción enerxética e de ferroaliaxes.

Os sindicatos sinalan un seguemento da folga dun 95%, máis alá dos "abusivos", segundo o Comité, servizos mínimos impostos pola empresa (do 44%). Non faltou o director ao seu posto de traballo, que sinalou que houbo un seguemento da folga de apenas o 55%.

Serán 24 horas de paro, desafiando ese principio de "interrumpilidade" que argumentaba a dirección para ameazar a rendibilidade das fábricas. Pero os traballadores non creron as que consideran "falsas promesas" sobre o "Plan Industrial" presentado pola empresa, e consideran que a venda e segregación derivará na lenta morte das dúas fábricas máis importantes da Costa da Morte.

Aparcamentos baleiros en Ferroatlantica Os aparcamentos da fábrica de Brens están baleiros

Mobilización social

Cartel manifestacion 10 marzo 2017 Ferroatlantica

Como acontecera o pasado mes de decembro, os traballadores chaman á mobilización social para participar na marcha que esta tarde de venres, a partir das 19:30h, unirá a fábrica de Brens co Concello ceense, nunha clara petición ás administracións á que se involucren e impidan á empresa vulnerar a lei.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios