O documental "Gnädinger" xa ten material

A presentación foi no Museo de Man, por susposto, e deu conta dos anos de traballo, e de conversas tan especiais como as mantidas con Marisol e Lourdes Baña, netas de Eugenia Heim, alsaciana que acolleu a Man na súa propia familia unha vez este chegou a Camelle. Marisol e Lourdes contaron como foran os primeiros días de Manfred no pobo, como conseguiu a súa primeira vivenda, como era a súa rutina diaria e cal foi o desencadeante para que a súa vida dera un xiro de 360 grados.
Otras entrevistas singulares foron protagonizadas por Vicente Balboa, Lucía Baña, Milagros Casal, Manuel Marcote ou Yolando Muñoz.
O proxecto contou coa inestimable colaboración de Carlos Silvar, artista e amigo de Man que conservaba materiais inéditos, e coas comisarias do Museo, Andrea Serodio e Carmen Hermo
Preparación do documental
A segunda fase deste proxecto consiste na elaboración da peza audiovisual, que terá o título d ‘Gnädinger’.
ovas sobre Man de Camelle
- Abril 2021: Luna Suárez, e o seu Man de Camelle, a terceira protagonista do ‘Eu Son Camariñas’.
- Xaneiro 2021: En marcha o “Proxecto Man”, un novo documental sobre o Alemán de Camelle.
- Outubro 2020: A Fundación Vicente Ferrer deixa, trala súa exposición, dúas pezas únicas no Museo de Man.
- Xuño 2029: O Museo de Man no CGAC.
- Maio 2020: María Bella recupera na rede a memoria filosófica de Man de Camelle e do #NuncaMáis
- Febreiro 2018: Rematadas as obras de rehabilitación da Casa de Man en Camelle.