En marcha o novo circuito de Andainas Coñece a Costa da Morte 2018


Xa temos programa completo para o circuito de Andainas Coñece a Costa da Morte 2018. O 7 de abril arrincan en Camariñas estas fermosas camiñadas que serven para que nós mesmos, os propios veciños da comarca, coñezan os tesouros do resto de concellos da bisbarra. E do noso, por suposto, porque ás veces hai tesouros agochados polos camiños do noso concello que nin nós mesmos sabiamos.
As andainas dos sábados dos meses de abril, maio e xuño, comezan ás 10:00h e son de entre 10 a 15 km, dunha dificultade media. Cómpre inscribirse no teu concello, se ben o prazo de inscrición remata o xoves anterior a cada andaina.
Cee (14 de abril), Dumbría (21 de abril), Fisterra (28 de abril), Ponteceso (5 de maio), Vimianzo (12 de maio), Corcubión (26 de maio), Muxía (2 de xuño) e Mazaricos (9 de xuño), completan a serie de Andainas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com). 7ul>