Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O encaixe ponse de moda nas vodas

Encaixe de voda
O encaixe ponse de moda nas vodas

É unha habitual do desfile de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, ademais dunha das mellores embaixadoras. E os seus vestidos de noiva están triunfando entre a clientela de todo o estado. Así o conta hoxe a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, tras falar con Claudina Mata. “Tengo tres colecciones de novia y en todas está presente el encaixe de Camariñas, a mis clientas les encanta”, destacou a deseñadora granadina.

É precisamente “a comercialización do encaixe por parte dos deseñadores e deseñadoras máis coñecidos a que está permitindo que esta artesanía centenaria se afiance como un elemento de vangarda”, Liñeiro.

Mata cóntalles a tradición e as mans que hai detrás de cada traballo, que “coidan cada cruzamento dese fío”, e recoñece que á xente do sur, onde non existe tal tradición, chama moito a atención.

Unha das pezas que máis está a triunfar entre a súa clientela e o ‘Ganapán’, que aplica en varios vestidos e que “es uno de los más llamativos y bonitos para ellas”. Claudina Mata admira “el mantenimiento de la tradición que se hace en Camariñas a través de la Mostra” e afirma que “voy a incorporar el encaje siempre. Le doy mucho valor, tanto sentimental como manual. Adoro como queda en los vestidos, integrándose perfectamente en la colección y en el espíritu de la marca, que es de una novia romántica, fina, elegante”.

Novas relacionadas

Comentarios