Venres. 26.04.2024
El tiempo

Esixen que se manteña o servizo de pediatría en Camariñas

Denuncian que o PP de Camariñas pedíu descentralizar o servizo de pediatría camariñán á Coruña
Centro de Saude de Camarinas
Esixen que se manteña o servizo de pediatría en Camariñas

Crónico é o problema co servizo de pediatría en Camariñas, como en moitos outros lugares da Costa da Morte. Este ano xa o Concello tivo que mediar co Sergas para conseguir que cubrisen a praza tras 3 meses de baixa do pediatra de turno. Pero segue sen titular o Centro de Saúde de Camariñas en materia de pediatría, e xa levan dende 2019 loitando para que Camariñas teña contando polo menos pediatra 4 horas ao día.

Desta volta é o BNG o que salta a alarma denunciando que “non hai designado un pediatra fixo para o noso concello”, polo “desmantelamento que se levou a cabo na sanidade pública por parte dos diferentes governos que estableceron un limite de reposoción de personal e non aumentaron o número de prazas de formación pediátrica”. “Agora atopámonos con que non hai pediatras”, lamentan, pois “cómpre mudar esta situación e revertir as políticas de recortes aprobadas no seu día”, solicita.

O BNG pídelle ao grupo de goberno (PSO) que “se inicien negociacións coa Consellería competente para conquerir un servizo de pedriatria estable e para que se leven a cabo políticas públicas para garantir que se cubra a praza de pediatria durante todo o ano e durante todos os día do ano”.

Así mesmo, dende o BNG tamén critican “a desfachatez e a falta de sensibiliade do Partido Popular Local que a través do seu representante propuxo propor en pleno a descentralización e traslado deste servizo á localidade da Coruña, privando a todos os camariñáns de ter un servizo vital para as nosas crianzas”.

NOVAS SOBRE OS RECORTES EN PEDIATRÍA

Comentarios