Martes. 15.10.2024
El tiempo

Álex Peña, o pai muxián que leva os recortes en pediatría polo Camiño

Alex Pena Camino Pediatra Xa
Álex Peña arrincando o Camiño reivindicativo dende Sarria
Álex Peña, o pai muxián que leva os recortes en pediatría polo Camiño

Nunca decae a loita da Asociación Pediatras e Matronas Xa. Porque a realidade é que non hai melloras no servizo público de saúde na materia.

Desta volta, a entidade de ámbito galego pero con raíces costeiras, volve tirar do impacto do Camiño (como xa fixeran o pasado mes de novembro cunha peregrinación antes dunha gran manifestación nacional) para denunciar a situación de precariedade que vive a atención primaria nos centros de saúde do rural galego.

Desta volta é Álex Peña, pai residente en Muxía, o que emprende este venres 4 de febreiro un camiño de Sarria a Santiago coa bandeira da asociación de #Pediatrasematronasxa.
O peregrino realizará os 114 kilómetros a pé para visibilizar unha problemática común en moitos municipios galegos, nos que a falta de pediatras e matronas estase a converter nun mal crónico.

"En casi ningún concello se cubren las bajas. En Muxía, llevamos más de 3 meses sin pediatra en el último año", afirma. "Mi hija tiene 2 años y he visto de primera mano como afectan los recortes en Sanidad. No se hacen los seguimientos necesarios, y, en caso de enfermedad, ir a urgencias no es una solución, aún menos con la situación sanitaria actual”.

A presidenta da entidade, a fisterrá Vanessa Viquendi, recalca que "precisamos darnos conta de que non é un problema illado, senon transversal a centos de municipios galegos. Debemos unir forzas para evitar que a situación continúe deteriorándose”.

Xa podedes seguir os pasos de Peña a través do Instagram e Facebook da asociación, nas etiquetas #sanidadedecalidade, #camiñandoporunhasanidadedecalidade, #camiñandoporeles, #camiñandopornos, #pediatrasematronasxa.

Novas sobre os recortes en pediatría

Comentarios