Domingo. 17.10.2021
El tiempo

As familias de Camariñas compostan na casa

Segue collendo formao proxecto de Compostaxe Caseira de Camariñas. Este venres o Concello realizará a entrega dos composteiros ás novas familias participantes no programa ‘Camariñas Composta’, subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e polos fondos FEDER.

As citas (en Camariñas, Ponte do Porto, Xaviña e Camelle) servirá tamén de punto de encontro para realizar as accións formativas para explicar o seu uso. A súa formación e o seguimento personalizado correrá a cargo das técnicas de Amigos da Terra, que acompañarán a estas familias ao longo do proceso a fin de resolver dúbidas e solucionar problemas, capacitándoas para que elas soas continúen o proceso.

Sergio Caamaño, concelleiro de Medio Ambiente, cre que “a compostaxe realizada a nivel domiciliario é unha alternativa máis efeicaz en municipios que contan cunha parte importante da súa poboación vivindo nun medio rural, como é o caso da gran parte da poboación de Camariñas; xa que, á marxe dos baixos custos de instalación e mantemento, e do aforro de enerxía, permite que sexa a propia cidadanía quen peche o ciclo da reciclaxe dos residuos, resultando á vez un instrumento de gran valor para a concienciación e a educación ambiental”.

Inscición aberta

O prazo de inscrición para sumarse ao programa de compostaxe segue aberto ata completar as primeiras 200 familias, e o único requisito para formar parte é, ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a a formar parte desta iniciativa educativa e formativa. Para anotarse poden chamar ao teléfono 981 737 004 ou enviar un correo a [email protected]

 

Novas relacionadas

Unha familia participante no programa de Compostaxe Caseira de Camariñas
Unha familia participante no programa de Compostaxe Caseira de Camariñas
As familias de Camariñas compostan na casa
comentarios