sábado. 07.12.2024
El tiempo

A directiva da Asoc. Empresarios de Promoción Turística de Camariñas dimite e deixa orfo o único faro aberto da Costa da Morte

Exposicion de  Luís Felipe Capellín no Faro Vilan
Imaxe da inauguración dunha das últimas exposicións organizadas pola AEPTC no Faro Vilán
A directiva da Asoc. Empresarios de Promoción Turística de Camariñas dimite e deixa orfo o único faro aberto da Costa da Morte

Levan 13 anos xestionando e permitindo que o Faro Vilán estea aberto ao público. O único faro aberto de toda a Costa da Morte e o único visitable de toda a provincia xunto coa Torre de Hércules. 

Pero todo cansa, e a directiva da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vén de presetar a súa dimisión en bloque. Unha decisión que supón a paralización de todas as actividades, incluido o peche definitivo do Faro Vilán, o maior atractivo turístico do concello camariñán e un dos grandes referentes comarcais.

A entidade, ademais de xestionar o Faro, leva organizando eventos importantes como campeonato de pesca e O Encaixe no Camiño. "Un gran esforzo humano que moitas veces, non é visible nin comprendido", deixan ver.

Así, á espera de relevo, fan un chamamento, que alguén se faga cargo da entidade para que o esforzo levado a cabo ata agora non se perda.

Máis novas

Comentarios