Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas recibirá centos de palilleiras na IX Festa da Palilleira de Camariñas

  • Esteban Freiría fai do embaixador do encaixe en Manila.
Esteban Freiría na Mostra do Encaixe
Unha das creacións de Esteban Freiría na pasada Mostra do Encaixe
Camariñas recibirá centos de palilleiras na IX Festa da Palilleira de Camariñas

As asociacións Rendas e Puntillas e a Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Camariñas, organizan para o xoves 8 de decembro a IX Festa da Palilleira, que terá lugar no pavillón municipal de Camariñas en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Para participar é necesario anotarse previamente, pode facerse enviando un Whatsapp ao teléfono 653 265 529 ou por correo electrónico a [email protected].

Ademais, os participantes poderán desfrutar do mercado de Nadal que se levará a cabo no pavillón durante toda a xornada.

Festa Palilleira Camarinas 2022

Encaixe no mundo

Mentres o encaixe segue viaxando polo mundo. Desta volta é o deseñador vigués afincado en Marbella, Esteban Freiría, o que fará de embaixador español no certame MDM en Manila cunha das catro pezas presentadas na XXXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
Farao no concurso MDM de Filipinas cun dos traxes de ‘torero’ con detalles picassianos que desfilou na pasarela local esta edición, da súa colección ‘Óleo y arena’, con cores vermellos, amarelos, verdes ou negros, co encaixe
pintado ao óleo, en acuarela ou ‘plumilla’, xogando cos volúmenes e as cores. Estase a celebrar esta semana.
“Situar al Encaje en un paraíso como Filipinas es un hito del que me acordaré siempre”, sinala.

Comentarios