As Festas do Carme de Camariñas comezan cunha cea para recadar fondos
12:42 25/10/19
Xa están en marcha a festas do Carme de Camariñas do 2020. E para comezar a traballar, a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” prepara unha Cea de Nadal e baile para recadar fondos.
A cita será o próximo día 30 de novembro no restaurante La Marina, de Camariñas, as 22.00 horas. O menú consta de empanada, ameixas á mariñeira, xarrete de tenreira, postre, café e chupito e o seu prezo é de 22 euros, dos que seis corresponden ao donativo para recadar fondos para as festas do Carme 2020.
Ao remate, e antes do baile, sortearanse diversos produtos donados polo comercio local de Camariñas. Entre eles unha magnífica sombrilla de encaixe.