Luns. 29.04.2024
El tiempo

O goberno socialista de Camariñas sube varios impostos ante a negativa do PP

Casa do Concello de Camarinas
O goberno socialista de Camariñas sube varios impostos ante a negativa do PP

Parece que os Concellos da comarca acordaron unha subida común de impostos. Así acontece en Camariñas, onde o goberno socialista sacaba adiante en pleno unha subida dos impostos da recollida do lixo, abastecemento da auga, o cemiterio municipal e o I.B.I:

  • O imposto da recollida de lixo incrementarase case un 20%.
  • O da auga subiu máis dun 16%.
  • As taxas do cemiterio municipal máis dun 43%.
  • O IBI urbano pasará do 0,60 ao 0,65%, mentres que o IBI rústico pasará do 0,65 ao 0,70%.

Na votación, o BNG abstívose, considerando que “aínda que os impostos son necesarios, non entendemos que o Concello tardae 20 anos en subilos, e non pode facer todo de golpe”. O grupo propuxo unha subda paulatina.

Mís crítica foi a posición do PP, que votou en contra. A portavoz popular, Paula Mouzo, lamentou que “os veciños de Camariñas estean pagando os efectos dunha xestión desastrosa dos socialistas”, sinalando que “non se trata de subir impostos, o tema é xestionar ben os recursos”.
Mouzo critica “a mala xestión e da falta de ideas do goberno de Sandra Insua e das excusas que teñen sempre non estamos nun contexto tan boiante para asfixiar máis aos cidadáns cunha subida de golpe”.

Comentarios