domingo. 08.12.2024
El tiempo

Impresionante Axenda para unha soleada Semana Santa na Costa da Morte

Impresionante Axenda para unha soleada Semana Santa na Costa da Morte
Axenda Costa da Morte Semana Santa 2015

Sen dúbida, falamos dunha das pontes máis esperadas do ano na Costa da Morte. A Semana Santa é unha das mellores épocas para disfrutala en toda a súa esencia. Troula, fe, música, exposicións, natureza… Todo para disfrutrar dunha cargada esta Axenda Costa da Morte.
Pero antes de debullalas citas, vemos o excluviso parte costeiro que nos mandan os amigos de 4gotas.com, que nos contan que “o sol será o protagonista”
O anticiclón que nos leva afectando desde a pasada fin de semana o seguirá a facer ata o domingo, pero con cambios. De venres a martes pasado, o seu centro estaba ao sur da Costa da Morte e impulsaba ventos de compoñente oeste que achegaban humidade procedente do mar cara á terra e formaba esas nubes que houbo na fin de semana. O martes o centro do anticiclón comezou a moverse cara o norte, o mércores xa estaba no Cantábrico e desde alí mandará ventos do leste-nordés ata o sábado. Eses ventos limparán as nubes e propiciarán unha suba nas temperaturas.
Lucirá o sol o xoves e venres coa presenza dalgunha nube alta, moi pouco significativa. Teremos mínimas agradables, apenas baixarán dos 10ºC e máximas que chegarán aos 20 (nos arredores de Malpica algo menos polo nordés que soprará moderado con refechos fortes).
O sábado o anticiclón retrocederá un chisco e o vento será máis do norte-nordés. Achegará nubes aos arredores de Malpica, só durante a mañá, manténdose o sol ao sur de Muxía, aínda que con algo máis de vento pola mañá.
O domingo unha borrasca no centro da Península aportará inestabilidade a atmosfera e é posible que se cheguen a formar algunhas treboadas preto da Costa. É aínda moi cedo para afirmar este prognóstico. Seguide á web por se hai algún troco, pero en xeral o tempo acompañará para gozar destes días festivos.

Días de natureza, patrimonio e exposicións

Antes de irmos cas citas específicas, aportamos varias ideas. Por exemplo, con este tempo, non hai mellor plan que descubrir algun dos nosos fermosos Recunchos da Costa, como a iluminada Fervenza do Ézaro, ou pasar por algún dos edificios patrimoniais abertos, como o Castelo de Vimianzo, Dombate, As Torres do Allo ou os Batáns do Mosquetín. Teremos tamén ocasión de disfrutar dunha artesá Semana Santa Oleira en Buño, ou de achegarnos á exposición de Kappeler en Vimianzo ou a de cultura xaponesa no Faro Vilán.

Semana Santa de Fisterra

As procesións son as grandes protagonistas da Semana Santa máis auténtica da Costa da Morte. Nun completo Programa relixioso da Semana Santa de Fisterra teremos saídas o Mércores Santo, Xoves Santo, Venres Santo, Sábado Santo, o gran Domingo de Resurrección (a gran cita coa presencia do Obispo de Santiago) e Luns de Pascua non faltarán á cita.

Pero ademais, non faltará a troula, e chega o Programa festexeiro, con orquestas de sábado a luns, e a habitual cita ca Panorama na noite do domingo.

Mostra do Encaixe de Camariñas

A Mostra do Encaixe é a outra gran cita da Semana Santa costeira. Artesanía e moda son protagonistas dunha cita que cumple 25 anos sendo o corazón da vila.

Podedes ver o programa completo para os 5 días de Mostra, con desfile, demostracións en directo, encontros, música…

Ademais, a Mostra acompañarase tamén con doses de festa, coas Festas da Virxe do Monte para sábado e domingo.

Mostra Víndemo Ver de Carnota

Exposicións, artesanía, deporte, música, gastronomía… Todo xuntarase nunha completa Mostra de Promoción Local Víndemo Ver de Carnota.

Serán 4 días completos, con citas especiais como a actuación na rúa da Esmu, ou as sesións deportivas da Carreira Viquinga e BTT. Tendes tamén preparado o programa completo.

E moito máis

Pero hai moito máis, e non damos feito para colleitar todas as actividades que enchen de vida a bisbarra. Comezamos o repaso polo propio mércores, coa Presentación do libro de Ignacio Castro en Corcubión, pero tamén coa Festa Fetén de Laxe, onde #Haiquestar!

Para o xoves teremos o Concerto de Serj en Laxe, e ademais teremos a Festa da Xuventude do Campo de Cortes, en Muros, e a Festa da Xuventude de Malpica.

Xa o venres teremos unha fermosa cita gastronómica, ca Festa do Congro de Muxía.
E xa de noite, ollo co DevilChild Fest en Carballo.

O sábado vén tamén cheo, e ademais das citas grandes, teremos unha boa sesión vermú nas Festas de San Vicente de Trasufre, así como a proxección da documental do Eslabón perdido en Malpica.

O domingo xa saben que a cita grande será ca Resurrección de Cristo na SS de Fisterra.

Pasen e desfruten!

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios