Interveñen 165 kg de peixe a un transportista por carecer de documentación legal para o seu transporte
Nova operación contra o tráfico ilegal de peixe. Dende o comezo do confinamento, entre operativos directos contra pescadores e mariscadores furtivos, como as operacións de control de documentación aumentaron visiblemente. A última acoontecía a pasada madrugada do día 2 de xuño, cando a patrulla do Seprona de Corcubión e o Posto da Garda Civil de Camariñas interviñan 165 kg de peixe de distintas especies tras detectar que non tiñan documentos legais para o seu transporte.
O operativo comezou ca interceptación dunha furgoneta isoterma en Ariño, procedente do porto camariñán. O Paproba comproba que leva moito máis peixe do que reflexa o documento de transporte, polo que piden o traslado á lonxa para proceder á súa pesada.
O documento de transporte (que contiña varios erros) amosaba que si transportaba 120 kg de cabra e 10 de pescada, procedentes só dun barco. Realmente había un exceso de peixe sen documentación (100 kg de cabra, 40 de sargo, 15 de lirio e 10 de pescada) procedente ademais doutros barcos que foi intervido e entregado ao centro de Cáritas de Corcubión.
A Garda Civil fixo as pertinentes denucias administrativas e trasladou as irregularidades no documento de transporte á Consellería.
Accións contra o furtivismo en corentena
- 31-05-2020: Requisados máis de 100 kilos de centola e lubrigante en Camariñas.
- 25-05-2020: Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos
- 22-05-2020: Devolven ao mar 50 kilos de centola ovada atopados nas rochas de Touriñán.
- 14-05-2020: Un cormelán sorprendido con 48kg de marisco ilegalmente capturado en Malpica
- 29-04-20: Tres novos operativos contra o furtivismo na comarca..
- 22-04-2020: Sancionado un mariñeiro por saír a facer pesca deportiva en domingo.
- 17-04-2020: A Garda Civil incautou case 8.000 kilos de xarda na Coruña provinte do porto de Malpica.
- 11-04-2020: Sancionado un home pescando na área recreativa de Barís.
- 08-04: Interceptan un veciño de Camariñas pescando sen licenza en pleno estado de alarma.
- 20-02-2020: O Seprona denuncia varias empresas da Costa por inclumplir a norma de transporte de marisco.