Jesús Romar substitúe a José Francisco Carril Ageitos no pleno de Camariñas

07:56 08/01/25
José Francisco Carril Ageitos deixará a súa acta como concelleiro do PSOE por motivos persoais.
No pleno deste venres, 10 de xaneiro (20 horas), darase conta da súa dimisión e, na próxima sesión, Jesús Romar Canosa tomará posesión como novo concelleiro.