Liberan a unha persoa na Ponte do Porto tras sufrir un accidente nun vehículo sen carné
08:15 20/05/15
Unha persoa foi liberada no mediodía de onte martes polos efectivos de Protección Civil de Camariñas ao ter dificultades para abandonar o seu vehículo logo de sufrir un accidente. Segundo informou o particular que avisou ao 112 Galicia, tratábase dun vehículo sen carné que colidiu cun turismo na parroquia da Ponte do Porto.
Trala alerta, o CAE 112 Galicia requiriu a presenza dos Bombeiros de Cee, xa que, nun primeiro momento, o particular indicou que a persoa estaba atrapada. Finalmente, os efectivos do parque comarcal non chegaron a intervir. Unha vez liberada, tan só foi preciso romper un dos cristais do vehículo, os servizos sanitarios de urxencia atenderon á persoa ferida no mesmo lugar do accidente. Ademais, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de limpeza e mantemento da vía.
Outros sucesos
- 18-05-15: Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco.
- 01-05-15: Un home falece dun infarto na rúa na Ponte do Porto.
- 20-04-15: Falece unha ceense nas Baleares tras unha grave caída.
- 16-04-15: Un home falece ao caerlle unha árbore enriba en Ponteceso.
- 16-04-15: Rescatado un pescador que caeu ao mar en Barizo.
- 14-04-15: Falece o home que caía onte dun tellado en Fisterra.
- 13-04-15: Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo.
- 02-04-15: Falece un neno de 8 anos ao caer dun balcón en Fisterra.
- Un home foi evacuado polo helicóptero medicalizado tras sufrir un accidente doméstico en Mazaricos.
- 02-03-15: Arde en Mazaricos a maquinaria dun taller.
- 11-02-15: Un incendio no centro de Carballo causa dous feridos.
- 19-01-15: Calcinada unha vivenda en Corcubión.
- Un coche queda calcinado diante do cruceiro de Seiruga.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).