Máis de 20.000 raíñas de velutina capturadas entre Camariñas e Zas
Se multiplicou por 3 as capturas de raíñas de avespa velutina, chegando a capturar 32.486 nos meses de marzo a maio, e Cabana capturaba case 16.000; entre Zas e Camariñas a cifra suma outras 20.000.
Cifras que dan conta da incidencia desta especie invasora no noso territorio, e a importancia desta campaña de trampeo que elimina a raíña e reduce a formación de futuros niños.
Camariñas foi a que máis estirou a campaña de trampeo, capturando 11.596 raíñas, case 2.000 máis que o ano anterior. Lembran que agora é o momento de eliminar os niños que se formen, para o que se debe chamar ao 112 en canto se detecten e a Xunta encargarase de retiralos a través do convenio para loitar contra a velutina ao que se adheriu o Concello.
Por Zas, remataba a campaña tamén e mediados de xuño, con máis de 9.700 capturas en tres meses, gracias ás 133 persoas - veciños/as e apicultores - que colaboraron na campaña coa instalación de trampas e e á renovación dos máis de 330 litros de líquido atraínte que se lles proporcionou de balde dende o Concello.
trampeo-velutina-multiplicando-3-capturas-rainas-do-ano-pasado/20210609134721127633.html>Carballo remata a campaña de trampeo de velutina multiplicando por 3 as capturas de raíñas do ano pasado.