Venres. 18.06.2021
El tiempo

Carballo remata a campaña de trampeo de velutina multiplicando por 3 as capturas de raíñas do ano pasado

Carballo remata a campaña de trampeo de velutina multiplicando por 3 as capturas de raíñas do ano pasado

Continúa medrando o impacto da avespa velutina na nosa zona. Así o refrendan os datos do pioneiro Servizo Municipal de Control de Pragas de Carballo. A empresa concesionaria contabilizou 32.486 raíñas de avespa asiática capturadas nos meses de marzo a maio, sendo un total de 13.826 só no último mes, case tantas como en toda a campaña do 2020.

Ademais do aumento da sñúa presencia, colabora a que as cifras sexan moito maiores as 245 persoas (moitas delas [email protected]) que se sumaron á causa, e que colocaron 1.519 trampas facilitadas polo Concello de Carballo, que se suman a moitas outras de fabricación caseira coas que moitas persoas a título particular se unen tamén á causa.

Agora, unha vez superada esta fase, que evita a creación de niños secundarios, toca controlar a aparición dos mesmos, polo que se vedes algún avisade ao 112.

En Cabana

A campaña de trampeo contra a avespa velutina do Concello de Cabana remata cun total de case 16.000 raíñas capturadas en tres meses. A Policía Local realizou o último reconto dos insectos que caeron nas 230 trampas instaladas en zonas públicas e domicilios particulares.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios