Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Máis canles pero menos calidade na TDT

Máis canles pero menos calidade na TDT

Sentímolo moito, pero nós, en Corcubión, seguimos vendo así a TDT. E non é problema da nosa antena porque xa son varias as casas nas que comprobamos que a situación é semellante.

A situación parece semellante na comarca de Fisterra, así como noutras zonas como Corme ou Mazaricos. Pero a realidade é que a veciñanza non se levanta en protestas, e iso que a calidade da televisión é moito peor que hai 2 anos, antes da chegada da televisión dixital.

O caso é que dende a Xunta veñen de estudiar a calidade da cobertura de TDT, e sen saber mo ben onde a comprobaron, nós seguimos pendentes do vento para poder ver a televisión.

Novos multiplex en Cee e Xaviña

Para intentar solventar os problemas, a Xunta vén de instalar novos emisores Múltiplex de TDT en Cee e Xaviña, que permitirá achegar a oferta da TDT a uns 500 veciños dos concello de Cee, Corcubión, Camariñas e Vimianzo

A posta en funcionamento será este xoves 3 de novembro, e cunha nova sintonización poderán disfrutar (se o vento o permite) de novos canles. Ou máis que novos, como nos apunta Elena García polo Facebook, "son os canles que se resintonizaron en Marzo e aínda non tiñan servizo en certas zonas. Ademáis, de aquí ó 2015 seguiranse movendo para ocupar as frecuencias máis baixas da banda de TV, polo que este tipo d...e noticias estarán á orde do día".

Estes son como:

  • Canle 22: TVEHD, TDP (Teledeporte).
  • Canle 46: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD.
  • Canle 38: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10.
  • Canle 28: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV.

Segundo a propia Elena, "as boas novas son que esa reordenación (ademáis de que é obligatoria) propiciará que a recepción sexa mellor". Esperamos que este apunte de Elena sexa certo, e sería necesario que "se revisasen os emprazamentos e/ou potencias coas que se está emitindo agora in situ (e non desde Santiago baseándose en medidas teóricas, como se está a facer)".

Máis información para a instalación

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.
A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT.

Como a vemos?

Así vemos a TDT en Corcubión from quepasanacosta on Vimeo.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios