Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago

Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
Os voluntarios de Mar de Fabula faran unha recollida dos plasticos que devolve o mar na praia do Lago Os voluntarios de Mar de Fabula faran unha recollida dos plasticos que devolve o mar na praia do Lago A asocación ecoloxista Mar de Fábula organiza para o vindeiro sábado, 16 de xaneiro, unha xornada de limpeza na praia do Lago, en Camariñas. A cita, á que están convocados todos os voluntarios que desexen participar, comeza ás 11 horas. Con esta actividade, Mar de Fábula pretende concienciar á poboación sobre os principais desafíos da humanidade que segundo o programa do medioambiente das Nacións Unidas son o cambio climático, a acidificación dos océanos, a pérdida de biodiversidade e a acumulación de plásticos no mar. Desta forma, a entidade ecoloxista promove pequenas accións a nivel local coas que se contribúen a resolver os grandes problemas a nivel global "por iso queremos seguir facendo o que está ao alcance das nosas mans: retirar os plásticos do mar", indican dende Mar de Fábula. Para levar a cabo a actividade de limpeza do vindeiro sábado, contan co soporte loxístico do concello de Camariñas.   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios