venres. 01.08.2025
El tiempo

“O mar empeza aquí”. Así é a Campaña de sensibilización ambiental de Camariñas

Exif_JPEG_420
“O mar empeza aquí”. Así é a Campaña de sensibilización ambiental de Camariñas

A partir do 1 de agosto, o concello de Camariñas e a Asociación Mar de Fábula lanzan unha campaña de sensibilización ambiental baixo o lema “Camariñas, a perla da limpeza ambiental da Costa da Morte”. Un proxecto que nace no berce dunha das entidades medioambientais máis prestixiosas do país como é Camariñas, para convertila nesa perla de limpeza ambiental que representa o froito da caramiña, planta cun importante valor ecolóxico e símbolo da riqueza natural da vila á que lle dá nome.

O obxectivo desta campaña é espertar a autoestima colectiva e o respecto mutuo entre os veciños para atallar a contaminación ambiental na súa orixe, que non se tiren residuos ao chan nin polo retrete das nosas casas porque todo vai ao mar. Tratar o espazo público como se fose a nosa casa común que en realidade é. 

Esta campaña, a desenvolver no tempo, terá unha primeira fase informativa coa edición de 5.000 trípticos, con información xeral e mensaxes precisas, que serán buzoneados dende o concello a todas as casas ao tempo que damos pequenos e visuais pasos dibuxando en algunhas rúas da beiramar a balea de Mar de Fábula coa lenda “O mar empeza aquí” e situando un insecto xigante no paseo marítimo de Camelle para depositar o lixo plástico da praia.

Insectos comedores de lixo plástico
O insecto come-lixo de Camariñas

Seguirán charlas informativas cos veciños nas catro parroquias do concello e cando chegue o mes de setembro os escolares seran os nosos colaboradores de cara a sensibilizar aos adultos no seus fogares. 

Máis información

O Mar empeza aqui-Campana Mar de Fabula triptico 2

O Mar empeza aqui-Campana Mar de Fabula triptico 1

Comentarios