Mar de Fábula anula a convocatoria da limpeza no Coido do Corno polo mal tempo
pero os ventos do sur /sudoeste que traeran unha profunda borrasca na noite dese día vanse sentir xa con
forza pola mañá.
Estos ventos farían incómodo e perigoso o traballo de limpeza no coído do Corno, unha paraxe fermosa e
desolada aberta totalmente ao sur, cando o que se trata é de disfrutar dunha xornada tranquila e relaxada
botando unha man ao mar.
En consecuencia, adiamos esta limpeza para datas máis favorables.

Este sábado 8 de maio, ás 11:00h, @s voluntari@s medioambientais que queiran unirse á familia de Mar de Fábula, poden achegarse ata o Cabo Vilán para facer unha nova limpeza de lixo plástico da colleita de inverno que o Atlántico tennos devolto en bandexa na entrada da ría de Camariñas. Concretamente no Coido do Corno, preto da zona do Reira.
Esta nova acción ambiental ( cuarta limpeza no coído do Corno), está integrada no proxecto denominado “Augas Limpas na ría de Camariñas“, iniciativa a coordinar, na outra banda da ría, coa Asociación Xuvenil Comarea de Muxía.
Hai prazas limitadas, polas medidas de protección do covid, que se cubrirán por orde de inscripción no correo: info@mardefabula.es ou no tlfno: 608609042. Todos debem levar máscaras e luvas de traballo.
Novas relacionadas
- Maio 21: A cativada de Camelle aprende a valorar a súa contorna c@s voluntari@s de Mar de Fábula.
- Abril 21: “Lixo comarea, pero xa lonxe da praia”.
- Abril 21: A praia de Lago, outra sesión para “mobilizar conciencias para coidar o noso mar”.
- Marzo 2021: "É lamentable que a xente siga entrando, fumando e tirando as cabichas no Museo Xardín de Man”.
- Outubro 2020: 17 sacos grandes de lixo menos na ribeira do río do Porto.
- Agosto 2020: Comarea e Mar de Fábula uniron forzas e poesía para darlle brillo ao Coído de Cuño.