martes. 19.08.2025
El tiempo

Arrinca Vento do Nordés. Camelle volve poñer en valor o seu patrimonio inmaterial salgado

Visita guiada ao Museo dos Naufraxios de Camelle
Imaxe dunha vsita guiada ao Museo dos Naufraxios de Camelle nas xornadas do ano pasado
Arrinca Vento do Nordés. Camelle volve poñer en valor o seu patrimonio inmaterial salgado

Arrincan este martes 19 de agosto no Museo Man de Camelle as xornadas Vento do Nordés, organizadas pola Deputación en colaboración con Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas. Unhas xornadas de posta en valor do patrimonio inmaterial arredor do noso mar, que arrincan cunha visita guiada á Sala dos Naufraxios de Camelle, e un faladoiro con míticos lobos de mar da vila.

A xornada do mercores 20 arrinca cedo, cun obradoiro de nós mariñeiros con Manolo do Canle, O Corviño e Rodri. Xa pola tarde, ás 19:00h, nova visita guiada e unha charla co carpinteiro de ribeira Xerardo Triñanes, de Boiro.

Para o xoves, a xornada volve ter protagonisomo local con Manolo da Canle, para facer unha nova visita á Sala dos Naufraxios e rematar, cun roteiro teatralizado.

Programa vento do nordes camelle 2025

Así foi a edición do ano pasado:

Comentarios