Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A maxia do Nadal chega a Camariñas

ActividadesNadal2021Camariñas
A maxia do Nadal chega a Camariñas

As actividades de Nadal do Concello de Camariñas chegan cargadas de maxia. Magos e magas estarán na Casa de Pedra e, como é habitual, Papá Noel e os Reis Magos visitarán o municipio para coñecer as peticións dos máis pequenos.

O venres, 24 de decembro, ás 11 horas a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recibirá a Papá Noel na casa consistorial para que logo comece o seu percorrido por todas as parroquias do municipio.

O domingo, 26 de decembro, ás 18 horas, a Casa de Pedra acollerá o espectáculo de fantasía, maxia e sombras chinesa ‘Historias fabulosas, dous magos e outras cousas’, de Ian e Elisa. Esta actuación está dirixida a un público familiar e ten unha duración de 50 minutos.

O domingo, 2 de xaneiro, tamén ás 18 horas na Casa de Pedra celebrarase un Scape Room máxico, que mesturará a maxia, o misterio e outras probas nunca antes vistas. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e durará 50 minutos.

As actividades de Nadal rematarán coa cabalgata dos Reis Magos o mércores 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a Camariñas por mar na lancha de salvamento marítimo ateigados de caramelos e percorrerán todas as casas do concello. Ese mesmo día haberá inchables desde as 17 horas na praza da Insuela.

Outras novas do Nadal

Comentarios