Martes. 01.12.2020
El tiempo

#MercaenCamariñas

¡
¡
#MercaenCamariñas

A nova campaña do Concello de Camariñas para animar á veciñanza a consumir e mercar en Camariñas chámase así. ‘Merca en Camariñas, consume no teu concello’ pretende facer chegar á xente a idea de que as mellores ofertas do Venres Negro ou do Nadal son as dos teus veciños, hostalería, comercio ou empresas.

Desde hoxe iranse subindo as creatividades da campaña ás redes sociais e tamén difundindo por todos os negocios e espazos municipais, co obxectivo de chegar ao maior número de xente posible.

“Nunha situación de crise como a que estamos a vivir, e agora que chega a campaña de Nadal ou o ‘Black Friday’ queremos máis ca nunca fomentar as compras presenciais fronte ao comercio online para axudar aos nosos, aos que coñecemos de toda a vida e lles poñemos cara e nome”, destaca a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.
 

comentarios