Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Mostra de Encaixe trasládase a Oviedo para atraer ao público asturiano

Mostra Encaixe Camarinas en Oviedo-2
A Mostra de Encaixe trasládase a Oviedo para atraer ao público asturiano

Exportando encaixe. No marco da promoción a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas, e despois de levalo á Fitur, o Concello de Camariñas vai levar un desfile ata Oviedo. Un intento de achegar o público asturiano á Semana Santa da Costa da Morte.

O acto, que nace gracias á colaboración coa Asociación de Galicia en Asturias, terá lugar o próximo sábado, 26 de marzo, ás 20 horas na Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava,

No desfile participarán Dolores Cortés e Ana Cabranes como grandes firmas e tamén 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores.
Ao remate do acto haberá unha actuación da recoñecida soprano asturiana Tina Gutiérrez, que cantará en galego. A ovetense ten unha ampla traxectoria sobre os escenarios, realizando innumerables concertos no Principado de Asturias, Madrid, Galicia, Sevilla, León e Valladolid.

Novas relacionadas

Comentarios