Murais en verso convirten o Faro Fisterra nun museo a ceo aberto
Xa loce na máxica contorna do Faro Fisterra unha nova exposición dos Murais de Azulexo de Suministros Lar. A colección de murais de azulexo “Os Mariscos” faino ademais acompañada dunha serie de poemas realizados por unha ducia de poetas da Costa da Morte.
Os murais foron realizados no 2013 por varios centros (IES Agra de Raices, Asoc Apem, IES Praia Barraña de Boiro, Asoc. Bo Pastor de Coruña, IES Fernando Blanco de cee, CPI Cabo dá Area de Laxe, Asoc Integro, CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, IES Terra de Soneira de Vimianzo e IES Pedra dá Aguia da Ponte do Porto) participantes no Concurso que a empresa convoca no marco da súa Responsabilidade Social Corporativa.
”Cada mural representa 2 mariscos das nosas costas, reflectindo a riqueza das nosas costas, que tanto impulsan a economía”, explica Tatiana Rodíguez.
Esta edición especial da exposición itinerante que convirte espazos urbanos ou naturais en museos a certo aberto, ten varios padriños de luxo, “unindo a literatura coas artes plásticas e a educación”.
Nas esquinas dos murais, os visitantes poden ler, en galego (e manuscrito), en castelán e e inglés, os poemtas asinados por unha ducia de autores (David Creus, Miro Villar, Modesto Fraga, Roberto Traba, Concha Blanco, Maria Canosa, Rafa Villar, Xose Igrexas, Maria Lado e Alexandre Nerium), “oque lle achega un valor mas significativo”, explica Tatiana Rodríguez. “Estamos moi agradecidos aos escritores por formar parte deste proxecto social, todo unido para a promoción cultural e a exportación de talento da nosa Costa dá Morte”.
Os poemas
Novas do Concurso de Murais
- Agosto 22: Os Murais de Lar espallan o patrimonio subacuático da Costa da Morte por Sanxenxo.
- Concurso 2022: Un recoñecemento aos padriños do Concurso de Murais de Lar.
- Xuño 22: APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar.
- Maio 22: Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.