Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Camelle acollerá a cuarta edición do maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia

O CREVANTE 126 _page-0001
Camelle acollerá a cuarta edición do maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia

Despois do éxito do ano pasado, Camelle acollerá, do 7 ao 9 de xullo, a cuarta edición doevento ‘City of Agra, 126 anos na memoria’, o maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia, que se desenvolverá en Camelle e Arou polos 126 anos da catástrofe do buque inglés. 

A Asociación Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas, en colaboración coa Comisión de Festas de Camelle e a Asociación Cultural A Folia da Faneca de Camelle, organizan este compendio de actividades no que, ademais do programa deseñado, haberá exposición, feira mariñeira e concurso de tapas nos bares. 

A programación arrincará o venres, 7 de xullo, coa apertura da exposición ‘City of Agra, 126 anos na memoria’ e a Feira Mariñeira no paseo marítimo de Camelle. Ao longo das tres xornadas haberá concertos, roteiros de naufraxios, sardiñada, foliada, teatralizacións, pasarrúas... O domingo, 9 de xullo, día da clausura, ás 12:30 horas farase un homenaxe aos náufragos da Costa da Morte e ás 12:50 horas unha recepción de autoridades aos náufragos do City of Agra e entrega de medallas. 

O CREVANTE 126 _page-0002

Comentarios