Novais e Viki Rivadulla exportan a arte costeira a Ourense e Lugo
Soble cita coa arte costeira polo país. Dúas das nosas bravas artistas levan as súas exposicións polo interior de Galicia.
Tras expoñer no Museo de Man, a artista camariñá Mª Luisa Rojo-Novais Grandío, máis coñecida como “Novais” inauguraba esta semana a mostra “Semblantes”no Espazo de Arte de Roberto Verino en Ourense. Do 3 de xullo ao 2 de setembro, pode visitarse a mostra pictórica na planta baixa da tenda da Rúa do Paseo en Ourense. “Pinto a miña visión das cousas, e expreso os meus sentimentos a través das miñas obras” di ao respecto da súa obra Novais. “A anifestación artística das miñas obras é o símbolo do meu logotipo, un pentágono que, mais que unha proposta plástica, representa os 5 lados nos que se move o meu traballo, dando expresións e estilos diferentes que se plasman en exposicións”.
Pola súa parte, a muxiá Viki Rivadulla leva a mostra “A Sala do Perello” ao espectacular espazo do Castelo do Pambre, en Palas de Rei. Da man do Instituto de Estudos Ulloáns, Viki inaugura a mostra este sábado 8, e estará visitable ata o 2 de setembro.
Novas relacionadas
- Viki Rivadulla: Que é a Sala do Perello.
- Viki Rivadulla:Atlánticas.
- A pintora local Novais estrea expo no Museo Man de Camelle.