Novos pasos co PXOM en Ponteceso, Laxe, Cee, Camariñas e Muros
Xa vimos as consecuencias dunha falta de política urbanística, como acontece en Fisterra. Pero así e todo os Concellos da bisbarra, e de todo o país, seguen pospoñendo os seus Plans de Ordenación Municipal. Así e todo, nas últimas semanas vemos que varios Concellos da zona, ademais de axustar o cinto a base de recortes, están a retomaros traballos burocráticos para sacar adiante estes necesarios documentos, para que a ordenación urbanística non quede ao capricho do alcalde de turno.
Repasamos pois que acontece en Laxe, Cee, Camariñas, Muros e Ponteceso, unha vez que a maioría dos Concellos seguen rexindo as súas políticas urbanísticas nas obsoletas normas subsidiarias do 1995.
A Xunta aproba PXOM en Ponteceso
Nun mes podería estar, xa, a exposición pública o PXOM pontecesán. Así nos contan dende o Concello unha vez que a Xunta deu o visto bo ao Plan presentado, tras propoñer uns pequenos cambios técnicos. E iso que o proxecto aínda non foi presentado nin aos membros da oposición.
O Plan prantexa un aumento da edificabilidade nas zonas rurais agás as que estean protexidas; reserva solo industrial en A Mezquita; e preve máis de 2.500 novas vivendas nos vindeiros 16 anos, a metade en zonas rurais.
Deste xeito, en breve estará un mes en exposición pública, onde os veciños poden acodir a revisalo e, se é o caso, presentar as correspondentes alegación. Poden pasar tamén pola Oficina Técnica e preguntar por Andrés Breijo para obter unha información máis detallada.
Despois chegaría a aprobación provisional, o envío da nova proposta cos cambios considerados á Xunta e, finalmente, a súa aprobación definitiva, que segundo información municipal, podería chegar en agosto.
Laxe contra o TSXG polo Escaravello
O alcalde daba a coñecer no pleno da semana pasada que o Concello presenta un recurso contra a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que sinala como irregular a consolidación como solo urbano do Campo do Escaravello. E iso que a oposición segue en contra da reforma da ficha e da venta do solar e quere quitar o recurso, como xa se refrendou nun pleno do ano pasado./p>
A venta do solar por máis de 4 millóns de euros, permitiría a construción dunha gardería e dun centro cívico.
Segunda aprobación en Camariñas
Un Plan que xa foi presentado na Xunta, coas críticas da oposición, e foi devolto. E que vía a comezos de mes como o Pleno tiña que aprobalo, por segunda vez, tamén cos votos en contra da oposición.
A adaptación do Plan de Ordenación do Litoral, coma noutros concellos, é fundamental. Ademais, o PP critica que o plan contou con máis de 600 alegacións dos veciños.
Agora volve ser a Xunta a que ten na man a decisión da aprobación, pero serán meses o que tarde en respostar.
Cee retoma o PXOM
O novo goberno de Cee retomou os trámites, casi listos dende o 2004, do PXOM. Un Plan que precisa aínda a delimitación de crecimento dos núcleos rurais.
Así, sinalan que intentarán sacalo adiante antes de que finalice o 2012.
Problemas persoais co PXOM
En Muros, sen embargo, o PXOM, que xa salvou o penúltimo obstáculo, é a Xunta o que ten a pelota no seu tellado. Pero hoxe vai de acusacións persoais entre membros da corporación. I é que a alcaldesa, a socialista Caridad González, asegura que o voceiro do PP local, José Antonio Siaba, influiu na redacción do PXOM para cambiar a ficha dun terreo propio. Siaba xa apuntou que ía denunciar por inxurias á alcaldesa.
Novas relacionadas
- Os Concellos apretan o cinto.
- Denuncian que a reclamación dunha promotora pode levar á ruína ao Concello de Fisterra.
- 18-04-11: O PP camariñán califica de “apresurada” a entrega do PXOM.
- 04-07-11: Conflito de urbanismo en Muros.
- 19-11-10: O PXOM de Muros salva o penúltimo obstáculo.
- 2010: Antón Carracedo: “Moitos alcaldes da zona me felicitaron pola permuta do Escaravello”.
- 2007: Política Territorial aproba definitivamente os PXOM de Zas .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).