![Serxio Domínguez e Mini Rivas noutra visita á Costa da Morte]()
Serxio Domínguez e Mini Rivas noutra visita á Costa da Morte
Xa en outubro o BNG facía unha
extensa crítica aos Orzamentos da Xunta 2019 para coa Costa da Morte. Esta fin de semana, aproveitando a visita de Xosé Luis Rivas Mini, deputado do BNG no parlamento galego, aproveitaron para presentar a batería de enmendas que van presentar.
Acompañado do concelleiro en Cee e responsábel comarcal, Serxio Domínguez Louro, Mini declarou que: “A comarca da Costa da Morte precisa de inversións públicas para saír do esquecemento ao que o somete o Partido Popular. Son obras e necesidades básicas, non se está a solicitar privilexios, se non equipar a bisbarra a outras do país. A inoperancia da Xunta tena que tapar outras adiministracións como a Deputación de A Coruña, e que como exemplo mais claro está a inversión no parque do megalitismo da Costa da Morte, impulsado pola Xunta fai mais dunha década, pero que ten que ser a institución provincial a que tire dela para que non morra no esquecemento”.
Pola súa parte, Serxio Domínguez referíouse a crúa situación da comarca, deixando clara que “a Costa da Morte morre, os datos que saen cada pouco tempo son esclarecedores, e indican que perdemos poboación por falla de oportunidades laborais e porque os nosos mozos e mozas teñen que sair a facer a súa vida lonxe da súa terra e dos seus. Mais isto non é unha plaga bíblica a que non se lle pode poñer fin, se non que son as consecuencias dunha política nefasta, da falla de compromiso do Partido Popular coa bisbarra, e que conta co silencio cómplice dos seus representantes públicos, concelleiros e concelleiras e candidatos. Son eles os que deberían rebelarse ante os seus, mais calan”.
Batería de enmendas
As emendas do BNG referídas a comarca son:
- Seguridade viaria: acondicionamiento e dotación Servizos da travesía da estrada AC-552 (avd. Fisterra) e da AC-550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cee.
- Mellora dos recursos materiais e plantilla do Hospital da Virxe da Xunqueira para acurtar tempos de espera intervencións.
- Construcción dun novo centro de saúde de Cee, no solar que o existente ocupa, e que podería compartir, dando dúas plantas de altura, cun centro de día.
- Posta en marcha do Plan director do Monte do Cabo en Fisterra.
- Centro de expedicións do marisco e productos do mar de Fisterra.
- Acondicionamento e dotación de servizos da travesía da estrada AC-455, ao seu paso pola recta da Anchoa, na entrada de Fisterra.
- Dotación sistemas para operatividade do heliporto Ruibo.
- Construcción dos porto deportivos de Corcubión e Fisterra.
- Restauración e conservación da capela do Buen Suceso de Fisterra.
- Rede separativa augas pluviais e fecais, Rúa Federico Ávila, Fisterra.
- Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.
- Saneamento integral da ría de Corcubión.
- Acceso ao porto de Brens.
- Ampliación e mellora da EDAR de Cee e Corcubión.
- Proxecto e execución porto deportivo.
- Dotación e equipamento Centro de día de Corcubión.
- Elaboración Plan Director do Cabo Touriñán.
- Mellora da rede de saneamento de augas no rural de Muxía e Camariñas.
- Melloras no colexio público Eugenio López de Cee.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-oposicion-critica-o-eterno-esquecemento-da-costa-da-morte-nos-orzamentos-da-xunta-para-2019/