xoves. 15.05.2025
El tiempo

O BNG de Camariñas critica limpeza viaria do municipio

O BNG de Camariñas critica limpeza viaria do municipio
O BNG de Camariñas acaba de levar a pleno a situación da limpeza viaria do municipio xa que segundo indican os nacionalistas "a praia e o paseo marítimo de Camariñas atópanse nun estado lamentábel" queixándose así pola falta de limpeza e pola escaseza de persoa para levar a cabo dito cometido. Ademais a concelleira do BNG - Ilva Carril Martínez - aproveito para denunciar durante o pleno que "se contrate sempre a mesma xente a través de subvencións da Deputación practicando a típica política de enchufismo por parte da alcaldía", sinalan dende o BNG camariñán. Por outra parte, os nacionalistas de Camariñas demandan unha ordenanza municipal onde se regulen as defecacións caninas. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • BNG Camariñas

Comentarios