O BNG de Camariñas sitúase do lado dos traballadores de Stolt

Mentres o conflito laboral en Stolt Sea Farm segue aberto, mesmo cos alcaldes dos concellos afectados mediando, os partidos da oposición van situándose. Falamos dos concellos de Carnota, Camariñas e Muxía, onde a multinacional ten as súas piscifactorías.

Hoxe é o BNG de Camariñas o que envía un comunicado de "apoio a Folga dos/as traballadores/as da Fábrica de Stolt Sea Farm", no que considera "as súas xustas reivindicacións para o mantemento do Convenio Colectivo de Empresa". Unha folga convocada polo Comité para estes vindeiros días 12,13 e 19, 20 de decembro "contra o recorte das condicións laborais e contra a inaplicación do Convenio Colectivo".

Reteirou o BNG camariñán a denuncia que fixera o BNG comarcal, que "a empresa Stolt Sea Farm é o paradigma de empresa multinacional que recibe grandes subvencións concedidas polas diferentes administracións e incluso se lles facilita a ubicación e a concesión de terreo público. Grazas a esto consiguen grandes beneficios e logo recortan nas condicións laborais e salariais dos traballadores/as para seguir aumentando a sua conta de resultados e altas retribucións do Personal Directivo a costa do suor e do sufrimento dos/as traballadores/as", denuncia BNG camariñán.

O BNG reclama tamén da Xunta de Galiza que "convoque as partes implicadas no conflicto e que sexa parte activa co fin de buscar unha saida negociada ao mesmo xa que as decisións adoptadas por esta empresa poden ter repercusións negativas nas condicións de vida dos veciños/as da Costa da Morte e aprofundar máis na xa lamentabel situación de desemprego que asola a nosa comarca".

Novas relacionadas co convenio de Stolt

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).