domingo. 11.05.2025
El tiempo

O conflito de Stolt recrúase

O conflito de Stolt recrúase
Coche de Prodemar que foi destrozado

Cada día máis crúa se pon a situación laboral nas piscifactorías de Stolt Sea Farm e Prodemar. De feito, a Dirección da empresa multinacional enviaba un comunicado denunciando dous actos vandálicos contra empregados de Stolt Sea Farm realizados na madrugada do 26 de novembro. Esa noite aparecía o coche da responsable de I+D da empresa en Brión e tamén o da muller dun dos directivos xa en O Pindo.

Unhas acusacións que o Comité de empresa ve inxusto e xa avisaron que "denunciarán ante a autoridade laboral as acusacións de vandalismo emitidas por un directivo".

Recorda a empresa que "estes feitos coinciden coa aplicación do Convenio Colectivo Sectorial, despois de dous anos de negociacións infrutuosas para chegar a un acordo para renovar o Convenio Colectivo da empresa". Aseguran ademais que "non hai ningún recorte aos traballadores actuais. Hoxe cobraron todos a nómina cunha subida xeral do 1%. Soben os seguros de convenio e a semana que vén haberá unha paga de atrasos para todos", informaron, ademais de recordar que levan 20 anos en Galicia e que contan con 187 postos de traballo con contrato indefinido, cunhas condicións para os seus empregados insuperables na comarca".

Resposta contundente do Comité

O Comité de Stolt Sea Farm e as centrais sindicais avisaron xa que "denunciarán ante a autoridade laboral as acusacións de vandalismo emitidas por un directivo". E queren clarexar varios puntos:

  • "O Comité de empresa e as centrais sindicais representadas (CIG e CCOO) condenan da maneira máis contundente e enérxica calquera acto de vandalismo".
  • A representación dos traballadores/as, en máis de 30 anos de representación sindical, sempre resolveu os problemas laborais polas vías lexítimas e legais para a defensa dos traballadores/as, tanto mediante a negociación como pola vía xurídica.
  • Para o Comité e as centrais sindicais resulta lamentábel que determinados Directivos da empresa pretendan desviar a atención do conflito laboral de Stolt.

Ademais, o Comité "fai un chamamento aos directivos da empresa para que abandonen a política de enfrontamento absurdo e senten a negociar para acadar un acordo satisfactorio, tal e como tamén lle reclaman os Alcades da Costa da Morte, a Consellería do Mar, o Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité de Empresa e os Traballadores/as."

Novas relacionadas co convenio de Stolt

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios