Sábado. 04.05.2024
El tiempo

De axudas e postos de traballo nas piscifactorías

De axudas e postos de traballo nas piscifactorías
Piscifactoria de Lira-Stolt Sea Farm

Continúa abert o o conflito sobre renovación do convenio colectivo dos traballadores e traballadoras de Stolt Sea Farm. Unha situación que mesmo será abordada no Parlamento tralas preguntas que vai realizar hoxe o BNG, a instancias da CIG, sobre as axudas concedidas á empresa e as actuacións realizadas polo Goberno galego.

As posturas seguen firmes. Cos alcades polo medio intentando mediar, a proposta da empresa, que supón unha rebaixa da situación actual pero que mellora as condicións do convenio piscícola, non é aceptada polo Comité, que critican "as pretensións da multinacional de suprimir o convenio de empresa e aplicar duros recortes laborais e salariais".

A problemática chega se esas axudas e subvencións que recibiu a empresa multinacional concedidas polo goberno galego están vinculadas, ao mantemento dos postos de traballo. A CIG lembra que a multinacional da acuicultura recibiu "importantes cantidades económicas das distintas administracións e, para a súa implantación, contou con moitas facilidades para a adquisición de terreos en lugares privilexiados do litoral". E apuntan que "cómpre non esquecer que o obxectivo deste apoio por parte da administración galega era contribuír ao desenvolvemento económico e social das zonas onde se asenta a empresa".

O BNG preguntará tamén á Xunta polas actuacións realizadas ou previstas a respecto de garantir o emprego e as condicións laborais e salariais dos traballadores/as da empresa ou que medidas está a tomar para conseguir que Stolt Sea Farm e o Comité se senten a negociar un novo convenio colectivo.

Novas relacionadas co convenio de Stolt

Fonte

Comentarios