Comité e Dirección de Stolt enzárzanse ca folga


Segue o conflito laboral de Stolt Sea Farm enfrontando a Comité e Dirección. Hai dúas semanas o comité convocaba unha folga para xaneiro. E esta semana pasada o Comité de empresa de Stolt Sea Farm decidía presentar unha denuncia na Inspección de Traballo por un suposto "intento de coacciacción ao persoal ante a convocatoria de folga". Asegura o Comité que a Dirección intentou "condicionar o dereito á folga dos seus traballadores/as, a través dun comunicado enviado a todo o persoal no que se advirte que as “consecuencias” de levar adiante o paro serán moi graves e imposíbeis de controlar".
Mentres, a Dirección asegura que "esta empresa sempre respectou todos os dereitos dos seus empregados, e tamén, como non pode ser doutro xeito, o dereito á folga. Quen queiran exercer o seu dereito poden facelo libremente, como xa o fixeron no pasado, sen temor a que se adopte ningunha medida posterior na súa contra", sinalou a dirección.
Dende o Comité entenden que "a empresa pretende presionar aos traballadores/as para que non secunden a folga, afirmando que esta podería afectar ao emprego no futuro, é dicir sutilmente está ameazando co despedimento ao empregados/as".
I é que a multinacional da acuicultura cualifica no comunicado de “despropósito incomprensible” os catro días de folga convocados nas plantas que Stolt Sea Farm ten na Costa da Morte. "Seguimos opinando que esta convocatoria é totalmente desproporcionada polo dano que pretende causar a unha empresa que acaba de mellorar as condicións, dereitos e salarios, dos seus empregados na contorna de crise actual", informan dende a dirección, dende onde farán "o posible para que tamén poidan exercer o seu dereito a traballar todos aqueles que así o desexen durante os 4 días de folga".
Así, a desconvocatoria da folga segue no aire, e cada parte pon no tellado da contraria a responsabilidade de chegar a un acordo co devandito convenio colectivo.
Novas relacionadas co convenio de Stolt
- 02-12-13: O conflito de Stolt recrúase.
- 29-11-13: Os alcaldes piden á Xunta que interveña no conflito laboral de Stolt.
- 25-11-13: O Comité de Stolt Sea Farm convoca unha folga para decembro.
- De axudas e postos de traballo nas piscifactorías.
- Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde.
- Tempo de conflitos laborais en Carnota.
- 11-11-13: Os sindicatos de Stolt reúnense cos alcaldes de Carnota, Camariñas e Muxía.
- 17-10-13: O Comité de Empresa de Stolt solicita unha arbitraxe para clarexar o convenio.
- 14-10-13: Parálise na negociación do Convenio de Stolt.
- 03-10-13: O Convenio Colectivo á exame nas piscifactorías de Stolt.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).