Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Carme de Camariñas, un exemplo da falta de relevo nas Comisións de Festas

O Carme de Camariñas, un exemplo da falta de relevo nas Comisións de Festas
A comisión

A piques estivo o Carme de quedar orfo este 2018. E iso que o Carme é para os camariñáns é moito máis que unha festa. “O Carme é un acontecemento que forma parte do seu sentir colectivo como pobo e como sociedade. Ningún camariñán renuncia a estar presente na súa vila cada 16 de xullo salvo por causa de forza maior. Forma parte do seu ADN individual e colectivo”, explícanos a deputada Marisol Soneira, unha das centos de colaboradoras entregadas á súa Virxe.

Pero a falta de relevo á fronte das Comisións de Festas é unha problemática que veñen acusando todas as festas da contorna. É durísimo pelexar casa por casa para conseguir milleiros de euros, de 20 en 20, para traer á túa parroquia as mellores orquestras do país. Claro que o é.

Este ano, a Comisión de Festas do Carme de Camariñas presentara a súa dimisión, pero visto que ninguén collía o testigo, os Pedro Pouso, Maytiña Castro, Graciela Bouzas, Rosa Pasantes e Yaki Lista volveron poñerse ao mando de operacións para que Camariñas non perda o seu Carme e siga contando cunha das festas tradicionais mais importantes de Galicia.

Ao seu lado seguen unha marea de colaboradores: Ernesto José Sánches Campaña, Amalia Gonzalez Ameijenda, Maira Mouzo Canosa, Rachel Pouso Walker, Dolores Lema Canosa, José Luís Quintana Luaces, Josefa Carril Rodriguez, Dolores Barreiro, Graciela Bouzas Rodriguez, Fabián Quintana, José Rodriguez Soneira, Marisol Soneira, Teresa Castro, Manuel Tedín, Oscar Freire Tajes, Mari Rey e Pedro Luaces.

Pero a mesmo tempo piden implicación á veciñanza abrindo as portas a todos os que queiran unirse, na medida das súas posibilidades, para participar a todos os camariñáns para e conseguir facer unhas festas dignas de Camariñas.

Nos próximos días irán adiantando o programa das festas así como tódolos actos que se levarán a cabo para acadar os recursos necesarios para a súa execución.

Fonte

Comentarios